miércoles, 28 de enero de 2015

Cartas para a PAZ

Dende 1964, para conmemorar a morte de Gandhi, celébrase o 30 de xaneiro o Día Escolar da No Violencia e a Paz, recoñecido pola UNESCO en 1993.
Nesta data recórdase a necesidade da educación para a tolerancia, a solidariedade, o respecto aos Dereitos Humanos, a non violencia e a paz.

Este ano no colexio Rosalía estamos a escribir cartas con mensaxes de paz a outros coles que se chaman como o noso. Á nosa clase tocoulle escribir  ao CEIP Rosalía de Castro de Xinzo de Limia;

Como non coñeciamos ningún dato sobre este cole, onte estivémolo a buscar en internet e encontramos unha foto. Tamén vimos que o carnaval en Xinzo se vive dunha forma moi especial e ata teñen unha festa na que todos os participantes se tiran quilos e quilos de fariña os uns aos outros.

Hoxe, unha vez rematada a nosa carta, que escribimos en consenso,fomos ao corredor a colgar unha copia para que todo o colexio a poida ler e así tamén vimos as dos cursos que xa as remataran de redactar.

o venres reunirémonoso tod@s para lelas e cantar unha canción que xa estamos a ensaiar.

 






 

O venres conmemoraremos esta data como se merece

2 comentarios:

  1. "NO HAY CAMINO PARA LA PAZ, LA PAZ ES EL CAMINO" (Mahatma Gandhi).
    "LA PAZ COMIENZA CON UNA SONRISA" (Madre Teresa de Calcuta).
    "NO BASTA CON HABLAR DE PAZ. UNO DEBE CREER EN ELLA. Y NO ES SUFICIENTE CON CREER. HAY QUE TRABAJAR PARA CONSEGUIRLA" (Eleanor Roosevelt)

    Feliz día da Paz, sementeir@s.
    Bicos

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Guau, Rosana! Con algunha desas afirmacións podiamos facer unha graffiti precioso. Casi non me importaba que fose no muro da miña casa.
      totalmente dacordo con Eleanor Roosevelt. Non vale de nada falar dela se despois todo se queda en palabras.

      Eliminar