lunes, 19 de enero de 2015

MOCHILA ESPACIAL

Hoxe é o primeiro día de viaxe dunha mochila moi especial polas casas sementeiras.
 É a nosa "Mochila Espacial", chea de material sobre o noso proxecto, que levaremos a casa un luns e devolveremos un venres polo que poderemos disfrutar dela durante un montón de días.
Contén o seguinte material:
un poema que xa traballamos na aula e tod@s coñecemos
Un mémori para xogar a buscar parellas e un DVD con debuxos animados "espaciais"
Un cómic
O Principiño
A biografía de Galileo Galilei
Un libro con información sobre o Universo
 E, por último un caderno de viaxe onde poder anotar as vosas impresións sobre todo o material enviado
A primeira en levar a super mochila para casa foi Candela;
 esperamos que a disfrute moito!!
periodo de adaptación

1 comentario:

  1. Que guay!!!!
    Esto vai en aumento, empezamos por un libro viaxeiro e agora xa temos unha mochila.... Bravo.
    Estamos desexando que nos chegue a nosa casa para poder disfrutar de todo o que hai nela.
    Mentras, que a vaian disfrutando as familias que lles toque, que seguro é super interesante todo o que podemos aprender tamen nos.
    Bicos sementeiros e sementeiras.

    ResponderEliminar