miércoles, 25 de febrero de 2015

Aniversario de Rosalía

Tal día como hoxe, hai 178 anos, nacía en Santiago de Compostela Rosalía de Castro, e na Sementeira adicamos o día a conmemorar o seu aniversario.
Escoitamos algúns dos seus poemas feitos música no libro "Rosalía Pequeniña", que xa traballamos o ano pasado; e tamén fixemos unha pequena actividade impresa que levamos para casa.
No cole o Equipo de Dinamización da Lingua organizou un concurso de relatos e/ou debuxos titulado "Rosalía viaxa ao espazo". Están expostos no corredor do cole.
 Tod@s @s alumn@s que participaron tiveron de regalo un pequeno detalle espacial que lles foi entregado hoxe pola tarde
Temos o gran pracer de anunciar que a nosa compañeira NEREA foi a gañadora do concurso no apartado de debuxo.
 FELICIDADES NEREA!!
 O regalo era o libro de Rosalía Pequeniña. A Nerea encantoulle!!
Pola tarde Xoel e Nerea que eran os encargados do día, continuaron coa decoración das nosas ventás espaciais
E cando rematamos o traballo fixemos crebacabezas.

1 comentario:

  1. Noraboa a todos e todas as que participaron nos concursos. Fixestedes uns traballos excepcionais. Especialmente a Nerea que gañou o consurso. Os demais tamén tiveron a súa recompensa por participaren. Espero que eso os anime a seguir participando nos vindeiros concursos e actividades propostas polo cole e polas profes.
    Por certo, que lapis tan bonito ese do cohete!!! Non sei por que, pero soame a min de algo... Ja, ja, ja.

    ResponderEliminar