miércoles, 18 de febrero de 2015

Entroido Espacial

Este venres vivimos unha festa de entroido moi, pero que moi especial.... ou mellor dito,... ESPACIAL!!!
Os nenos e nenas de Educación Infantil chegaron dispostos a poñer en marcha unha misión espacial polo Universo do Rosalía chea de diversión e risas. Viñemos vestidos como auténtic@s astronautas, alieníxenas, estrelas, lúas, o planeta Terra,... e ata estaba Laika!!
Na Estación Espacial Rosaliana con base na aula de psicomotricidade, fixemos unha reportaxe fotográfica onde presumimos de disfraces
 Aquí estamos na porta que da entrada á Estación Espacial Rosaliana (E.E.R.)
 O festival foi moi divertido; pasámolo moi ben vendo os disfraces do resto de compañeir@s do cole e desfilando para tod@s @s asistentes
 E despois de tanta festa, tocaba repoñer forzas e nada mellor que unha estupenda merendola carnavaleira. Moitas grazas a todas as familias que a fixeron posible!
Pasámolo estupendamente!! foi un gran día!!

2 comentarios:

  1. Moi ben sementeir@s !!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!
    Estades XENIAAAAAAAAAL
    Que disfraces máis chulos, e con variedade.
    Estou realmente encantada de ver esta fotos, estades tod@s moi guap@s.
    E para rematar hai que dicir, que tedes unhas profes super ESPACIAAAAALES!!!!!!!!
    BICOS

    ResponderEliminar
  2. Grazas Rosana!! Lemos o teu comentario en clase e tod@s quedaron encantad@s (sobre todo Paula)
    agradézoche moito que nos escribas!! bicos espaciais!!

    ResponderEliminar