viernes, 17 de abril de 2015

De volta

O martes 7 de abril regresamos de novo ás aulas; Soamente cinco compis se animaron a vir polo que tivemos un día un pouco especial.
Xogamos en Psicomotricidade cos nenos e nenas de 3 e 4 anos, e compartimos con eles algúns dos nosos xogos preferidos.




 Como estaba un día estupendo, fixemos o primeiro picnic do ano

 Antes de marchar a comer os nenos e nenas de 3 anos ensináronnos... unha galiña poñedora de ovos de Pascua!!
 Quedamos en comelos pola tarde
Pero cando chegamos do comedor.... non había nin rastro dos ovos!!
Levamos unha tremenda desilusión!!

Entre tod@s chegamos á conclusión de que, se a galiña estaba na aula de 3 anos, seguramente os ovos tamén estarían alí...
... e fomos a mirar
(tamén aproveitamos para cotillear un pouco a clase da profe María e ata vimos unha tartaruga)

 Despois de buscar e buscar e, xa que os ovos non aparecían, decidimos remata a nosa búsqueda no patio e.... SORPRESA! alí estaban os oviños!!


 


 De volta na clase de 3 anos, abrimos os ovos cocidos e repartímolos entre tod@s
Estaban moi ricos!





No hay comentarios:

Publicar un comentario