domingo, 12 de abril de 2015

Pascua 2015

O  venres antes das merecidas vacacións de Pascua, tivemos un día cheo de sopresas pois o Coelliño de Pascua que nos visita cada ano desta volta non se esqueceu de nós. Estivemos todo o día pendentes de poder escoitalo ou velo (algún sementeiro e sementeira asegura que lle puido ver as orellas camiño do cole)
Na aula estivemos moi atent@s ás ventás todo o día por se aparecía a facernos unha visita
 O coelliño non aparecía por ningures; menos mal que Pablo Piñeiro trouxo uns oviños para compartir con tod@s! Moitas grazas!
Tamén aproveitamos para festexar o 6º aniversario da nosa compañeira
 SABELA
Feliz Cumple-01


 Pola tarde decidimos xuntarnos cos nenos e nenas de 3 e 4 anos para saber se eles viran ou escoitaran algo estraño
 Reunímonos na aula de Psicomotricidade e aproveitamos para contar o conto do noso coello favorito
 Unha vez rematado o conto, decidimos chamar ao coelliño con todas as nosas forzas: coelliñooooo!!!!... pero nada de nada; nin el nin os ovos de chocolate aparecían por ningún lado. E iso que o chamamos con todas as nosas forzas.
Decidimos saír ao patio para seguir buscando,...
Pero nada... Soamente nos faltaba un lugar onde buscar, o patio traseiro.
E,... PREMIO!!!
OVOS E MÁIS OVOS DE CHOCOLATE PARA TOD@S!






Gif de conejo

Antes de marchar, repartimos as bolsas cos nosos traballos do trimestre

No hay comentarios:

Publicar un comentario