lunes, 4 de mayo de 2015

Entrevista a Pedro Duque

Hoxe pola mañá estivemos vendo unha entrevista que lle fixeron a Pedro Duque no programa "Viajando con Chester". Conta cousas moi interesantes sobre a súa experiencia como astronauta no espazo. Aquí vos deixamos o enlace por se vos apetece vela na casa.

1 comentario:

  1. Estíveno vendo e tentada a despertar a Pablo para que o vise conmigo. Pero despois dábame pena porque madrugan moito e deixeino durmir, pensando en buscalo en internet e poñerllo un día pola tarde. Pero así xa o viron todos xuntos no cole e sería máis emocionante para eles que velo Pablo solo na casa. Supoño que lles encantaría porque saían imaxes das gravacións que fixera "flotando" e esplicaba moitas cousas da vida dun astronauta. Alégrome de que llo puxeras Ana.
    Bicos
    P.D. Ademais coincideu coa semana que tiñamos a mochila espacial na nosa casa.

    ResponderEliminar