domingo, 10 de mayo de 2015

Ioga

Esta semana na Sementeira fixemos unha actividade nova que nos ten emocionad@s: IOGA
Contamos o conto...
 
... e partir de ahí empezou a nosa aventura
Os nenos e nenas dunha clase cóntanse uns a outros a que se dedican os seus pais. Segundo as profesións que van dicindo, o autor vainas asociando a unha postura de ioga, a cal describe con detalle e graficamente. Este sinxelo nexo de unión entre a presentación dunha postura a outra vincula o ioga coa vida diaria. Un libro que transmite a idea de que o ioga non é só unha forma de ximnasia, senón unha forma de vida.
A práctica de ioga permite conseguir un estado de ánimo relaxado e saudable; axuda a eliminar o estrés dos nenos e nenas, mellora a súa capacidade física, concentración e autocoñecemento, e estimula a súa imaxinación e fantasía dun xeito ameno e divertido.
Na primeira sesión estaban emocionad@s e querían probar a facer todas as posturas que aparecen no libro. 
Pero necesitamos ir pouco a pouco e por iso fixemos tres (e crédenos que nos chegou)
Empezamos pola postura da árbore
 A postura do can
 A postura do triángulo

Pronto teremos unha clase moi especial de ioga, para a que xa nos estamos preparando.
Será divertidísimo, xa veredes!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario