martes, 14 de noviembre de 2017

A Palabra Secreta

Na aula traballamos a lectoescritura de moi diferentes maneiras: con xogos de palabras, construíndo palabras con letras móbiles, lendo contos,... Unha das últimas actividades impresas que fixemos foi averiguar a palabra secreta que se escondía tras as iniciais dunha serie de palabras. Empregamos selos e iso foi unha motivación extra para facer a tarefa.
 
 
 Moit@s xa somos capaces de ler palabras de sílabas directas. Outr@s estamos empezando a facelo con axuda da profe
 
 
 
 
 
 
 
 

 
 

 


Temos un xogo novo na aula; chámase "Marmelada de Sílabas". Podemos facer marmelada dunha sílaba, de dúas sílabas, de tres sílabas, de catro sílabas ou de cinco sílabas.
Para iso usaremos as tarxetas "ingredientes" e introducirémolas en cada un dos tarros segundo corresponda, traballando así o cálculo e a conciencia silábica.
 
 
 
 
 
E se despois de traballar recibimos de recompensa unhas ricas galletas cortesía da nosa compi Aitana, mellor que mellor non vos parece?
 
 
 
 
 
 

3 comentarios:

  1. Enhoraboa sementeiros!! Seguide traballando así de ben.

    ResponderEliminar
  2. Sorprendidos estamos de lo que habéis aprendido durante este tiempo, la escritura cada vez esta más perfeccionada, continuar así chicos.

    ResponderEliminar
  3. Enhorabuena!! Seguir aprendiendo así de bien!! 👏🏻👏🏻👏🏻

    ResponderEliminar