domingo, 12 de noviembre de 2017

Ioga

O mércores da semana a pasada a profe preguntou se alguén sabía o que era o IOGA. E así xurdiu unha conversación do máis orixinal e divertida na que os máis atrevidos opinaron sen medo a equivocarse. Estas son as respostas que deron:
Lía díxonos que facer ioga era "hacer esto profe", e sacamos a foto para que o poidades ver na casa porque unha imaxe vale máis ca mil palabras
 Non ía desencamiñada, non vos parece?
Despois de explicar que todas as respostas dadas relacionadas co deporte, con estirar, quentar,... eran as que máis se achegaban ao concepto de ioga, aclaramos o que era. Axudámonos dun libro fantástico para achegar aos nenos e nenas a este novo mundo,...
Cando rematamos de ler o conto, tod@s estabamos desexando practicar algunha das posturas (ou asanas) vistas no libro; pero o primeiro foi entender que a práctica de ioga require atopar un estado de comodidade, silencio, calma e tranquilidade tanto física coma mental....

 
 
Unha vez preparad@s practicamos a nosa primeira asana: a árbore
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
A seguinte asana foi o triángulo ou "trikonasana"
 
 
 
 
 
Para ser o primeiro día de clase de ioga, non estivo nada mal. fomos capaces de facer as posturas concentrad@s, en silencio (ás veces escapaba algunha risa pero é normal), esforzándonos en estirar os músculos do noso corpo e, sobre todo, manter o equilibrio nas posturas e coordinar os nosos movementos para conseguir as asanas.
Rematamos a sesión relaxándonos en "viparita"
 
 
 
 
 
 
 
 
 
O próximo mércores trataremos de repetir

8 comentarios:

  1. 😂😂😂 que ocurrentes estes sementeiros!! da gusto velos así de relaxados. Imos ter que probarlo na casa

    ResponderEliminar
  2. Jajajaja nosotros también pensamos que hacer yoga es "ir en tractor"...
    Bendito yoga no nos creemos que pudieran aguantar todos una clase tan quietecitos y en silencio.

    ResponderEliminar
  3. Estupendo chicos!

    ResponderEliminar
  4. Un gustazo ver a estes sementeir@s tan relajados!!!
    Hoy por la tarde Amaya y Paula me enseñaron las nuevas posturas de yoga aprendidas. Les salían muy muy bien!!

    ResponderEliminar
  5. Claudia ya me estubo diciendo como relajarme😂.me voy aplicar cn sus clases.muy buena idea eso del yoga en el cole👏

    ResponderEliminar
  6. Aitana esta súper motivada con el yoga!! Todo un descubrimiento!! Que bien lo hacéis,sementeir@s!!🙆🏼

    ResponderEliminar
  7. Este comentario ha sido eliminado por el autor.

    ResponderEliminar