lunes, 10 de diciembre de 2018

Un Cumple e máis

Hoxe tivemos celebración na Sementeira porque foi o aniversario de Paula
Decorou a súa coroa e trouxo un montón de galletas para festexar os seus catro anos
 
Xa sabedes que estamos inmers@s na decoración de Nadal. Así de iluminado está o noso corredor (case lle fai competencia ao Concello de Vigo)
A nosa árbore dos desexos vaise animando e cada día chega algo novo para ir a colgar. Moitas Grazas a todas as familias que estades participando 👏👏👏👏👏
Na sementeira participamos na decoración dos espazos comúns facendo unha casiña de chocolate á que non lle falta detalle. Xa está rematada e o pasado venres sacamos unha foto tod@s xunt@s. 

Xa empezamos o calendario de advento que nos trouxo Alba. Un aliciente máis para ser encargad@ porque estamos desexando comer a chocolatina.
Tamén estamos preparando as bolsas nas que levaremos os traballos do trimestre, das que soamente vos imos a dar unha pista,... son de cor amarelo 😉
E para rematar, contarvos que andamos argallando algunha sorpresiña 😉

3 comentarios:

  1. Paula chegou contentisima. Moitas grazas!!
    Da gusto velos todos ilusionados e tan atentos no traballo que fan!!!!

    ResponderEliminar
  2. Parabéns Paula!!!😉
    Que bonita está quedando a escola, como traballan estés chic@s!!!
    que ganas de ver a bolsa dos traballiños😊

    ResponderEliminar
  3. Parabéns Paula!!!!
    Que bonito queda todo e que ilusionados están co nadal! Algunha chega a casa cantando “era Rodolfo un reno....”

    ResponderEliminar