domingo, 2 de diciembre de 2018

Unha Semana en Imaxes

Aí vai un resumo dalgunhas das cousas que fixemos a semana pasada na Sementeira.
Como todos os días empezamos cantando.
Despois o encargado ou encargada do día anterior saca do bombo o número do seguinte encargado/a. Carlota sacou o número de Asier e éste pegou a pegatina no cadro de dobre entrada onde anotamos cando somos encargados.
Facemos o Panel entre todos/as; colocamos a data, pasamos lista, rodeamos o día no calendario, sumamos cantos compis faltan, poñemos data e tempo. Despois escribimos algúns datos no encerdado.

E xa está aquí Decembro, o mes do Nadal. Levamos toda a semana contando os días para que empece este mes tan especial.
Alba trouxo un calendario de advento e cada día o encargado ou encargada vai ter a sorte de merendar unha chocolatina.
O luns 25 conmemorouse o Día Internacional contra a Violencia de Xénero e nós participamos na colocación simbólica de corazóns nun mural elaborado polo alumnado de quinto de primaria.
Estreamos tarxetas para aprender a escribir o noso nome e apelidos.
Moitos días cando rematamos pronto de traballar imos á aula de psicomotricidade a pasalo pipa cos xogos simbólicos.
Este mércores na nosa sesión semanal de ioga xogamos a Que hora é señor Lobo? un xogo no que un lobo nos indica as horas con asanas que temos que facer pero cando lle entra a fame, come a quen se lle poña por diante. O lobo foi a profe e Alberto resultou o gañador.
Contamos o conto que temos na biblioteca de aula titulado Sueños de Nieve. Gustounos tanto que estamos facendo un pequeno traballo entre todos/as. Esperamos rematalo pronto para ensinárvolo.
O xoves acudimos a unha demostración de experimentos por parte dos nenos e nenas de quinto de primaria.
E como eso dos experimentos nos gustou tanto, o venres intentamos facer nós un na clase. A idea era reciclar as ceras coas que xa non pintamos porque son moi pequenas. Tratamos de rompelas un pouco máis e colocámolas nun molde para forno. 
 Despois de opinar entre todos, decididimos que o mellor lugar para derretelas era no microondas do cole pero,...
 ... tivemos un pequeno problema porque o molde non resistiu a calor e derreteuse.
Aínda así non nos damos por vencid@s. Seguiremos facendo experimentos.
Continuamos aprendendo cousas relacionadas co noso proxecto. Esta semana coñecemos  o  monumento Stonehenge, en Inglaterra. Hai que di que o construíron os druidas ou o mesmo Merlín. Aprendemos algunha cousa curiosa; preguntade na casa a ver o que vos contan.
As árbores da vida que rodean o mural pintámolas nós. 
E recoñecedes o trisquel que pintamos xa fai un tempo?😉

No corredor de Educación Infantil xa se respira o Nadal. Estamos empezando a decorar os espazos comúns e temos unha árbore desexando cubrir con bos desexos. Na libreta tedes toda a información sobre a actividade. Aproveitamos para estrear uns selos novos.
 Anímadevos e mandade os vosos desexos

2 comentarios:

  1. Olaya mamá Cristina5 de diciembre de 2018, 9:00

    Madre mia cantas cousas aprenden os nosos pequenos sementeiros!!! A cris encantaye o dos dias...na casa mira seguido o calendario para ver que dia e...��

    ResponderEliminar
  2. As semanas dos sementeir@s cunden moito 😊 o importante e que disfrutan e moito polo que se ve😃 e contan!!!

    ResponderEliminar