lunes, 15 de abril de 2019

Auga

O 22 de marzo é o Día Mundial da Auga; Na Sementeira falamos da importancia que ten a auga na nosa vida diaria e  propuxemos medidas que poidan axudar a non desperdiciala.
Tres voluntarios escribiron o título do noso pequeno traballo e a profe foi apuntando as respostas ás súas preguntas.
 
Con todas as respostas da nosa conversa apuntadas nunha cartolina, traballamos na nosa libreta viaxeira.
Elaboramos tamén un mural no que algúns personaxes mitolóxicos non estaban nada contentos pois a auga que os rodeaba estaba bastante sucia. Está exposto no corredor do cole xunto cos traballos do resto de aulas que participaron neste pequeno homenaxe a un día tan importante.
Mural da Pementeira
Para finalizar vimos en internet debuxos animados relacionados co tema

1 comentario:

  1. Tiñades que organizar Unha pequena visita para poder disfrutar de todos os traballiños que facedes en infantil,que son Unha maravilla!!!😍😍😍

    ResponderEliminar