lunes, 29 de abril de 2019

Cumples e Periódico

A semana pasada tivemos dobre celebración na aula pois as nosas compañeiras CRISTINA e AROA celebraron o seu aniversario.
A primeira en facelo foi Cris, que o xoves pasado trouxo galletas para tod@s.
E o venres comemos un delicioso biscoito para festexar os 5 anos de Aroa
 Aproveitamos esta entrada para contarvos que temos equipos novos. Escollemos libremente un novo sitio onde sentarnos e tivemos que poñernos de acordo entre todos para escoller o nome do noso equipo, pero chegamos pronto a un acordo.
EQUIPO PERSEO
EQUIPO MEDUSA
Hoxe levamos para casa un novo exemplar de NOVAS DE INFANTIL
Esperamos que vos guste !

3 comentarios:

  1. Charo mamá de Aroa3 de mayo de 2019, 15:20

    Aroa encantadísima de ser a potagonista no seu día, ao igual que de comer as galletas da súa amiga Cris que seica estabán riquísimas!
    Grazas profes por manternos informados co blog e coas novas de infantil; agradece poder visualizar as historietas que nos contan os peques ao chegar a casa.

    ResponderEliminar
  2. Parabéns a esas chicas, xa 5 anos!!!
    E grazas polas novas que mandades, encantados de curiosealas!!😉
    Sorte a eses Novos equipos!!!

    ResponderEliminar
  3. Olaya mamá Cristina7 de mayo de 2019, 18:24

    Este mes veu cargado de cumples!!! Cris estaba desexando celebralo no cole ca profe e os compis... As novas de infantil coma sempre moi interesantes!!!

    ResponderEliminar