martes, 15 de septiembre de 2020

Novas Rutinas

 Pouco a pouco os peques da Sementeira vanse familiarizando coa aula e coñecendo aos seus compañeiros e compañeiras. Interiorizan o equipo ao que pertencen, recoñecen xa algunha rutina de aseo, disfrutan xogando,... e hoxe merendamos e saímos ao patio.

*foi imposible sacar fotos de todos os momentos a todos os nenos e nenas; andivemos moi ocupad@s 😉

Cando chegamos á aula colgamos a mochila no noso percheiro e escoitamos unha canción de benvida

Contamos un conto e xogamos nos recunchos

 




Unha vez recollidos os xoguetes dos recunchos, toca lavar as mans e merendar






 
 


Antes de saír ao patio disfrutamos dos contos

 





Ata mañá!

1 comentario:

  1. Laura - nai de Martina15 de septiembre de 2020, 23:22

    Que alegría ver que todos o están pasando xenial e se están integrando tan rápido.Gracias profe por compartir estes momentos con nos.

    ResponderEliminar