lunes, 21 de septiembre de 2020

Tod@s Xunt@s

 Hoxe na Sementeira estivemos todas as brigadas xuntas por primeira vez. Xa temos algunhas rutinas bastante interiorizadas e a mañá transcurriu entre xogos, merendas e desinfección de mans😉

Cada brigada estivo nun recuncho da aula











Ao chegar colgamos as mochilas no percheiro e cantamos e bailamos a canción dos bos días
Saudamos aos compañeiros e compañeiras cun xogo de fotografías e escoitamos o conto
Hoxe contamos
Cantamos unha canción moi divertida
Xogamos nos recunchos










Despois de lavar as mans toca merendar


 
 
Reciclamos os tapóns de plástico

Xogamos no patio


De volta na aula relaxámonos un pouco. E para rematar o día xogamos coas construcións 




Mañá seguiremos disfrutando do cole !
Aquí vos deixo un pequeno vídeo que recolle algúns dos momentos de hoxe na aula
 


Na páxina web do centro tedes unha enquisa para cubrir relacionada coas novas tecnoloxías. 
Déixovos a ligazón para acceder de xeito directo.
Podedes atopar tamén información sobre o comedor. Producíronse modificacións pois o alumnado de Educación Infantil comerá a partir das 14:35 (antes estaba previsto que comeran na última sesión da mañá). Tedes os horarios de recollida na web.

No hay comentarios:

Publicar un comentario