viernes, 12 de enero de 2024

Canto axetreo!

 Esta primeira semana de cole vivímola a tope na Sementeira; disfrutamos dos agasallos dos Reis Magos, festexamos aniversarios, establecemos novas rutinas na hora do panel, retomamos as sesións de ioga, estreamos materiais para o momento da plastilina e ata cambiamos de equipos!!

Durante o Nadal a nosa compañeira Lara estivo de aniversario e non deixamos de festexalo



















Neste 2024 cumplimos catro anos e o primeiro en facelo foi PAULO MIRAMONTES. Parabéns Paulo!! Menudo biscoito que nos zampamos!!





















Establecemos dúas novas rutinas na hora do panel: escribir o noso nome de xeito autónomo e con apoio visual, e realizar unha suma co xogo que nos deixaron os Reis Magos. Os encargados desta semana pasaron a proba con moi boa nota!!

















 

 

 

 


 

Fixemos ioga empregando este conto que temos na biblioteca de aula

Contén asanas que nos axudan a relaxarnos. Esta semana fíxonos boa falta porque chegamos tod@s bastante revolucionad@s das vacacións 😉

























Disfrutamos a tope cos xogos dos Reis e as novas propostas de inverno
 
 
 
 
 
 
 



































Profe fixen unha "T"































Ao longo do segundo trimestre seguiremos traballando no noso proxecto; esta vez a obra de Julio Verne elexida como punto de partida será "Viaxe ao centro da Terra". Hoxe presentamos o tema na aula e teño que dicir que, aínda que ningún Sementeiro e Sementeira se atrevería a acompañar ao profesor Lidenbrock na súa expedición, o tema dos volcáns sí chamou a súa atención polo que promete ser un tema interesante de estudo na aula. Onte xogamos na PDI e hoxe vimos debuxos animados para coñecer a historia (temos pendente rematalos) e tamén cambiamos os equipos de aula, que ao longo deste trimestre serán os "volcáns" e as "cavernas"





















Rematamos a semana estreando novos útiles para a plastilina pero algúns Sementeiros e Sementeiras rendéronse pronto porque había que facer algo de forza
 









No hay comentarios:

Publicar un comentario