lunes, 8 de enero de 2024

Chegaron os Reis

 Xa estamos de volta das vacacións de Nadal e non podiamos ter mellor comezo de trimestre porque os Reis Magos non esqueceron facer unha paradiña na Sementeira para deixarnos un montón de agasallos baixo a nosa árbore,... que emoción!




Pero antes de abrilos escollemos encargado (a sorte quixo que lle tocase a Jara), fixemos o panel e observamos o noso rexistro do tempo do primeiro trimestre; tamén contamos un conto




"Cando Martiño tivo ganas de mexar na noite de Reis" fíxonos pasar un rato moi divertido e deu pé na aula para falar de todo o que nos trouxeron os Reis Magos e sobre todo, da comida que lle deixamos nas nosas casas esa noite

 
E por fin chegou o momento de abrir os nosos agasallos














Tivemos tempo de estrear un deles; o resto queda preparado para mañá




















No hay comentarios:

Publicar un comentario