Menudo mes de maio que desfrutamos na Sementeira!
Visitamos a horta e coa axuda do noso amigo Jose, plantamos leitugas
Celebramos o aniversario de LUCAS
Trasplantamos as nosas fabas e agora medran nas xardineiras do patio
Todos os días nos encargamos de regalas
Temos novas propostas que estamos estreando estes días
Disfrutamos das últimas sesións de contacontos a cargo das familias. O papá de Lucas e a mamá de Paulo Llerena fixéronnos disfrutar moito dos contos que trouxeron
O equipo de actividades extraescolares ten como tradición festexar a Paz elaborando un mural no patio; este ano tivemos que retrasar a actividade pois a choiva non deu un respiro. A profe Teté leva varias semanas traballando no mural deste ano e nós puxemos o noso grao de area para que pronto estea rematado e o poidamos lucir con orgullo
A sesión de ioga da semana pasada consistiu en practicar diferentes asanas (en cada esterilla había unha diferente) coa novidade de que un cronómetro marcaba o tempo que tiñamos que estar en cada unha. Foi unha actividade moi divertida
Como nos gusta disfrutar do patio grande ás nosas anchas!
Esta semana, Antía rematou as súas prácticas connosco e despedímola con moito agarimo; foi un pracer tela na aula e convivir xunt@s todos estes meses; desexamos que se sentise tan a gusto coma nós. Xa estamos desexando que volva a visitarnos!
Sen dúbida, unha das actividades que máis gustou na Sementeira esta semana foi a visita dos bombeiros forestais que nos viñeron a explicar en que consiste o seu traballo e da importancia de coidar os noso montes para previr os temidos incendios de cara ao verán. Foi un verdadeiro pracer escoitar as súas explicacións e consellos!
Vaia mes cheo de actividades! e aínda nos falta xuño ;)



























































































































































































































































































































































No hay comentarios:
Publicar un comentario