Vaia semana intensa que levamos na Sementeira!
Visitounos a mamá de HELENA para contarnos un conto co que fixemos un pouco de maxia
A Fundación Camilo José Cela convidounos a festexar por adiantado o Día das Letras Galegas e puidemos disfrutar dun fantástico concerto de Mamá Cabra
De volta na aula, fixemos unha tarefa impresa recollendo algúns datos da saída e debuxamos o momento do concerto en que mellor o pasamos
Non nos esquecemos de festexar o sexto aniversario da nosa compañeira MÍA ANTONELLA
![]() |
| De regalo, os nosos debuxos, feitos con moito cariño |
Ata tivemos de tempo de achegarnos ao concepto matemático da multiplicación e fixémolo xogando, que é como mellor se aprende! O primeiro número da multiplicación indícanos as veces que temos que estampar na plastilina o bloque lóxico que representa ao segundo número da operación. A actividade foi todo un éxito e houbo masiva participación! (empezamos escribindo as multiplicacións no chan pero tivemos que acabar usando a pizarra para apuntalas)
























































































































No hay comentarios:
Publicar un comentario