lunes, 10 de diciembre de 2012

SORPRESA!

A semana pasada Papá Noel deixou un regalo adiantado na casa de Xoel para todos os sementeiros e sementeiras.
Aproveitamos que hoxe non faltaba ninguén para averiguar o que había dentro da bota misteriosa. A profe preguntou ¿que pensades que pode haber aquí dentro?. Estas foron as nosas respostas: chuches, un árbol de navidad, un Papá Noel, caramelos, chucherías,...
Evidentemente gañou por goleada a idea de que a bota estaba repletiña de.... CHUCHES!!!!


E aquí están as fotos da nosa doce tarde:




 





















unha vez comprobada a sorpresa, tocaba saboreala  
mmmmm..... rico, rico


Non queremos esquecernos de darlle as grazas á familia de Xoel por esta sorpresa tan especial. MOITÍSIMAS GRAZAS!!!


A Letra Misteriosa

Hoxe estabamos preparados para entrar na clase despois do recreo cando, de súpeto, atopamos unha letra misteriosa no ceo de Padrón. Adiviñades de cal letra estamos a falar?
Ahí vai unha pista visual:
esto era o que estaba debuxado no ceo

¿necesitades outra pista?
 
Ata a hora do recreo é un fantástico momento para aprender as letras!

miércoles, 5 de diciembre de 2012

Carta a Papá Noel

Hoxe pola mañán estivemos moi ocupados na aula "A Sementeira" porque decidimos escribirlle a nosa carta a Papá Noel.


Nin que dicir ten que Papá Noel xa sabe perfectamente que somos uns nenos e nenas responsables, traballadores, atentos, compañeiros,... etc,etc... pero por se se esquece, xa nos encargamos de recordarllo na nosa carta (que fixemos entre todos/as e que a profe ía escribindo no ordenador).


Acordamos pedirlle un Globo Terráqueo porque somos uns viaxeiros incansables e gústanos moito visitar un montón de países. Na aula xa temos un mapa-mundi pero consideramos que é fundamental e importantísimo (ou eso dí a nosa profe), contar cunha "pelota do mundo" (así a chamamos na aula).

 Aquí tedes o texto da nosa carta:

HOLA PAPÁ NOEL:
SOMOS LOS NIÑOS Y LAS NIÑAS DE 3 AÑOS DE INFANTIL Y NUESTRO COLE ESTÁ EN PADRÓN.
NOS HEMOS PORTADO REQUETEBIÉN.
QUEREMOS QUE NOS TRAIGAS A NUESTRA CLASE UN GLOBO TERRÁQUEO PARA VER LA TORRE DE PISA, LA TORRE EIFFEL, LA TORRE DE BELÉM, LA TORRE DE HÉRCULES Y LA DEL RELOJ, Y LOS PAÍSES.
ADIÓS PAPÁ NOEL. MUCHOS BESOS.
*Redactado polos nenos e nenas en asamblea e guiados pola profe. As torres que se nomean na carta están de actualidade na aula porque as estamos coñecendo a raíz da construción da nosa torre.


Agora soamente falta que Manolo (conserxe) a leve a Correos e... Listo!

ESTRELIÑAS CON PURPURINA


Aquí están as nosas estreliñas de Nadal 

"las estrellas son como los niños; nunca hay suficientes."
Madre Teresa de Calcuta

o que máis nos gustou da manualidade foi poder traballar con... PURPURINA!!!

Fin da Viaxe

Esta semana Pitiño Branco rematou a súa viaxe polas casas dos sementeiros e sementeiras. Tod@s estamos encantad@s coa experiencia, de feito, queremos que nos siga visitando...  polo que non vos estrañedes se un día, de repente, tedes un invitado a cear ;)
Moitas grazas pola gran acollida que tivo o noso primeiro traballo viaxeiro. Grazas tamén polas vosas aportacións ao muro de opinións do libro. Na aula lemos con moita atención todo o que nos escribiron os papis e as mamis e tamén escoitamos as explicacións que nos daban os nosos compañeiros e compañeiras cando a profe lles pedía que contasen o que fixeran co pitiño.

Na aula temos un recuncho onde estamos colgando as fotos que nos mandades; fainos moita ilusión velas e, de vez en cando, pasamos un rato mirándoas e falando delas.
Aquí podedes ver algunhas das fotos.



Algunhas familias fixeron unha especie de diario. GRAZAS!!

lunes, 3 de diciembre de 2012

BENVIDA IRIA!

HOXE CHEGOU IRIA DAS SÚAS VACACIÓNS EN BRASIL. 
RECIBÍMOLA CUNHA MOREA DE

ELA TRÓUXONOS CHUCHES PARA FESTEXAR O SEU ANIVERSARIO
MOITAS GRAZAS, IRIA!!!


TODO O MUNDO A CANTAR!!

O NOSO AMIGO RODOLFO INVÍTANOS A CANTAR ESTA PANXOLIÑA