miércoles, 6 de febrero de 2013

¡Benvido Xoel!

O noso compañeiro Xoel estivo unhas semanas ausente porque foi de viaxe ata Arxentina para visitar a súa familia.Nós situámolo no mapa e xa coñecemos un novo país.
Xoel incorporouse o luns e tróuxonos unhas galletas "made in arxentina". Moitas grazas por acordarvos dos sementeiros e sementeiras durante a vosa viaxe familia!

martes, 5 de febrero de 2013

Mensaxes de PAZ

Tiñamos pendente festexar como se merece o Día da PAZ, posto que a actividade que estaba programada polo Equipo de Actividades Complementarias e Extraescolares do cole para o día 30 de Xaneiro tivo que ser aprazada porque ese día chovía a mares. Este Luns o ceo concedeunos un respiro e puidemos facer unha solta de globos con mensaxes de Paz escritos polos nenos e nenas do cole. Días atrás na aula, os sementeiros e sementeiras pensamos a mensaxe que queríamos que fose nos nosos globos, a profe escribiuna e nós démoslle o noso "toque sementeiro". Tivemos que estar tod@s de acordo no texto das mensaxes e levounos un tempo decidirnos, pero ao final escollemos os seguintes:
- Nos tenemos que portar requetebién para que haya Paz.
- La paloma MariPaz vuela por  el aire de Padrón.
Compuxemos con letras móbiles a palabra PAZ
Escribimos as ideas na pizarra
Aquí estamos traballando nas nosas mensaxes
Mentres agardábamos a solta "oficial" de globos, estivemos moi entretid@s facendo os nosos propios GLOBOS DE PAZ para o corredor do cole.
O Luns pola tarde estabamos moi emocionad@s porque por fin chegara o momento de soltar os nosos globos. Pero antes esperábanos unha sorpresa porque as pombiñas MariPaz estaban agardando que os nenos e nenas de infantil as soltaran para levar os nosos mellores desexos de PAZ con elas polo mundo adiante.

 
 E chegou o momento da solta de globos. Pero a sorte non estivo do noso lado e os nosos globos non foron capaces de elevarse no ceo. Nós pensamos que foi porque as nosas mensaxes ían moi, pero que moi cargadas de boas intencións e promesas de portarnos ben e non pelexar. E claro, eso pesa un montón!!
De todas maneiras disfrutamos un montón coa solta de globos posto que moitos deles sí saíron voando coas mensaxes escritas por outros compañeiros e compañeiras, e marcharon lonxe, lonxe,...
Quen os atopará?....ahhh iso é un misterio!
¡FOI UNHA TARDE ESTUPENDA!

viernes, 1 de febrero de 2013

"Coñecendo as Letras"

Esta semana estivemos facendo unha actividade que nos encantou: compoñer o noso nome estampando selos de letras. Foi moi motivante ir buscando as letras do noso nome e pegalas en orde no folio. Esta actividade forma parte do noso seguinte traballo viaxeiro: "As Nosas Iniciais". Xa case o temos rematado e pronto poderedes xogar na casa a atopar a inicial correspondente ao nome de cada compañeir@. Traballamos por primeira vez en parella, e axudámonos mutuamente a buscar aquelas letras que se nos resistían.
Aquí tendes algunhas fotos do proceso
estos son os selos que utilizamos

Esta parella tivo axudantes "improvisados"
 Todavía temos algún erro con determinadas letras que se empeñan en confundirnos, pero pouco a pouco e con moita práctica iremos poñendo nome a todas.


 Mirade o ben que están quedando os nosos nomes. 
Agora soamente falta pegar a nosa inicial e... Listo para viaxar!