jueves, 19 de diciembre de 2013

Visita dos Paxes Reais

Esta mañán recibimos unha visita moi especial no cole pois os Paxes dos Reis Magos fixeron un alto en Padrón para asegurarse de que todos os nenos e nenas envíen as súas cartas e que así Melchor, Gaspar e Baltasar non se esquezan de pasar polas casas na noite de Reis.
 Regaláronnos unha bolsa de gusanitos que nos zampamos na hora da merenda
 ¡Moitas grazas pola visita Paxes Reais!

martes, 17 de diciembre de 2013

Papá Noel

Hoxe levamos para casa un pequeno Papá Noel que estivemos a facer estos días na aula.
Quedaron ben graciosos, non vos parece?
Estas fotos son do día que lle pegamos os pompóns
Estiveron un tempo adornando o noso corredor...
... e agora tócalles adornar as vosas casas.

¡Premio na Sementeira!

Hoxe recibimos unha estupenda noticia pois a postal de nadal da nosa compañeira CARMEN foi a gañadora do concurso e este ano todas as familias do cole Rosalía a recibiredes nas casas para felicitarvos as festas.
 ¡PARABÉNS CARMEN!

¡Vaia Sorpresa!

Hoxe pola mañán trouxeron ata a nosa clase un paquete moi especial acompañado dunha postal. Os papás de XOEL quixeron felicitarnos as festas e fixéronnos un regalo que recibimos con moito cariño. Moitas grazas papis!
 Os encargados do día e Xoel foron os elexidos para abrir o paquete
 Dentro había un montón de sorpresas: pegatinas de nadal e de animais, e tamén chocolatinas de Papá Noel. ¡Encantounos!
 As chocolatinas estaban ricas, ricas,...
 Xa temos unha nova postal (tamén con música) no noso recuncho do carteiro
Moitas grazas de novo, papis de Xoel