domingo, 22 de marzo de 2015

Contacontos de pais

Este martes visitounos IRENE, a mamá da nosa compañeira AINHOA, para contarnos o conto "O EXÉRCITO DE OVELLAS"

 Ao rematar o conto, Ainhoa fíxolle entrega do diploma
Irene trouxo unhas galletas para compartir con tod@s, feitas coa axuda de Ainhoa.
Estaban deliciosas!!
MOITAS GRAZAS!
Imagenes de Gracias, parte 4

Sopra neste furadiño

Temos un conto novo na nosa biblioteca de aula:
É moi divertido pois antes de pasar cada páxina debemos soprar moi forte para ler o que pasa. O libro tráenos rimas divertidas, breves, que convidan a achegarse ao burato e non parar de soprar. Porque... quen se resiste? Se ata podemos facer voar un elefante!
Gustounos tanto que decidimos contalo de novo o día que subimos á biblioteca do cole.
Estivemos traballando na biblioteca despois de contar o conto; fixemos unha réplica da portada
 Deixamos unha parte do traballo para colorear con acuarelas outro día
  Ao rematar, estivemos lendo os libros do espazo que temos na biblioteca do cole
E o luns rematamos a nosa tarefa
"Sopra neste furadiño" xa forma parte dos contos viaxeiros dos venres. Este fin de semana levouno Pablo Piñeiro e seguro que o pasarán pipa!!

Mulleres Traballadoras

Para conmemorar o Día da Muller Traballadora o pasado 8 de marzo, moitas das aulas do cole participaron na elaboración conxunta dun mural onde destacaban diferentes mulleres famosas polos seus logros ao longo da historia.
Educación Infantil decidiu traballar sobre VALENTINA TERESHKOVA, a primeira muller en viaxar ao espazo. Elaboramos a nosa tarxeta con información entre as tres clases e tamén a colocamos no mural tod@s xunt@s.
Tiñamos pendente subir ao blog as fotos; aquí están
 Anabel, Alejandro, Candela e Leo foron os encargados de ler o traballo a tod@s @s compañeir@s
Alicia e Tanis encargáronse de pegar no mural a nosa aportación