miércoles, 18 de mayo de 2016

O Cumple de Pedro

O noso compañeiro PEDRO PÉREZ xa ten 4 anos e quixo festexalo con tod@s nós. Repartiu chuches e das galletas non quedaron nin as faragullas.
 

jueves, 12 de mayo de 2016

Traballando

Estamos recopilando en fichas algunhas das cousas que aprendemos de África. 
E mentres traballamos escoitamos música


miércoles, 11 de mayo de 2016

Kirikú

Un dos nosos personaxes favoritos de todos os contos africanos que temos na aula é Kirikú. Está moi presente na decoración dos recunchos de infantil.
 Hoxe pola tarde estivemos vendo un anaco da película
 Deixámosvos a ligazón para que tamén en casa poidades gozar coas súas aventuras

lunes, 9 de mayo de 2016

Xogamos

Na sementeira dedicamos moito tempo a xogar. 
 Resultado de imagen de niños jugando
Algúns dos novos xogos cos que nos entretemos neste trimestre son os seguintes,...
O XOGO DAS PINZAS: consiste en colocar tantas pinzas de cores como nos indica a tarxeta. Traballamos a atención e a concentración, a mellora e precisión da motricidade fina, o concepto de número e cantidade,...
LINKAZOO: un xogo de construción con animais da sabana. a primeira vez que xogamos fixémolo en gran grupo esperando o noso turno, respectando as ideas e achegas d@s demais, propoñendo novas formas de colocación e ata inventando algunha historia a medida que iamos facendo a nosa composición na que os protagonistas eran os animais do xogo.
TAPÓNS: seguimos compoñendo o nome dos nosos compañeiros e compañeiras con tapóns. Desta volta non temos que enroscalos.
PLASTILINA: calquera momento é bo para xogar coa plastilina. É un dos nosos xogos favoritos; entre outras moitas cousas desenvolvemos a nosa creatividade e imaxinación, pode ser unha perfecta ferramenta para afacerse aos diferentes tamaños e proporcións das cousas e tamén axuda a relaxarnos mentres xogamos; ademais aumenta a nosa autoestima cando conseguimos realizar a figura que nos propoñemos e ver que se nos felicitas polo bonita que quedou.
LIBROS VIAXEIROS: agora que xa visitaron todas as casas, podemos xogar cos libros viaxeiros na aula; antes de ir ao recreo sempre temos un tempo para eles.
LIBROS PARA REPASAR TRAZOS: con rotuladores borrables repasamos trazos de letras e números; melloramos a calidade dos nosos traballos escritos pois afianzamos o trazo, máis seguro e resolto, perdemos o medo a intentar trazos novos (curvas, rectas,...) e interiorizamos a direccionalidade das grafías para achegarnos á escrita convencional.
QUEBRACABEZAS:  empregámolos como diversión, entretemento ou simplemente un xeito máis de relaxarnos. Melloran a nosa capacidade de observación, análise, concentración e atención; Exercitan tamén a memoria visual, posto que debemos ter un esquema previo de como era o quebracabezas e lembrar en que lugar temos que colocar cada peza. Construílos esixe lóxica e paciencia.