viernes, 27 de septiembre de 2013

Coñecendo a Keith Haring

Onte adicamos o día a coñecer un pouquiño mellor a obra de keith Haring e, ¿sabedes?... Entusiásmanos. Sobre todo porque o que máis lle gustaba facer a este artista eran graffitis. Si, si,... debuxos nas paredes!!!! guauuuu 
Nin que dicir ten que nos encantaría decorar as paredes do cole con graffitis, pero a profe Ana xa nos dixo que pensa que non será posible,...de momento. Prometemos buscar unha alternativa!
Deixámosvos os enlaces a algúns videos que estivemos a mirar
Nós xa rematamos o noso primeiro traballo plástico. Mirade

De todos xeitos o que máis nos gustou do día de onte foi facer unha SILUETA,  forma tan característica da obra de Keith Haring.
Soamente tivemos tempo de facela nun equipo, e non sabedes as ganas que temos tod@s de repetir esta actividade.
Carla foi a elixida e tivo que pensar como quería colocarse. A profe Ana marcou en papel contínuo a silueta. Despois tod@s @s compañeir@s do seu equipo pintaron da cor elixida por Carla: lila.
 Mirade o espectantes que estaban. Tod@s querían dirixir a actividade e dábanlle consellos aos que estaban pintando.
 Cando remataron de pintar, @s artistas posaron para a foto moi orgullos@s do seu traballo
 Foi un día estupendo, grazas a keith Haring

2 comentarios:

  1. Pero bueno, menudas obras de arte que facedes!!! Cando queirades invitádesme á Sementeira e deixovos que pintedes a miña silueta, co alta que son seguro que vos da para pintar todos os grupos dunha soa vez jajaja!!! Muaaaa

    ResponderEliminar
  2. Menudos artistas temos na sementeira, non teñen nada que envidiarlle a Keith Haring. Bicos.

    ResponderEliminar