Hoxe pola tarde aproveitamos para estrear un xogo novo na Sementeira: Pinzas con letras que nos axudarán a compoñer palabras. Empezamos traballando cos nomes de tod@s @s compañeir@s.
Estivemos moi concentrad@s e obtivemos bastantes bos resultados pois a maioría xa recoñecemos os nomes de tod@s @s compañeir@s. De todos xeitos nalgún caso escapóusenos algunha letra.
A nota negativa foi que se nos romperon dúas pinzas. A próxima vez que xoguemos teremos máis coidado pois a emoción de hoxe por xogar pasounos factura.
Menuda actividade máis chula. Xa me parecía a mín que me faltaban algunhas pinzas de colgar a roupa ¿Non seriades vós os que mas collestes?
ResponderEliminarBicos
E verdade que parecen estar todos moi concentrados e entretenidos. Iso xa é un gran logro. As letras, é verdade que xa as recoñecen e as relacionan cos nomes d@ compañeir@s. Así me gusta sementeir@s, cando queredes, podedes.
ResponderEliminarPERO QUE BEN RECOÑECEN AS LETRAS!!! SON MOI TRABALLADORES POLO QUE SE VE!!! Un bico para todos!!
ResponderEliminar¡Que gusto da ver a estes sementeir@s tan interesados nas tarefas do cole! ¡Parabéns chic@s!
ResponderEliminar