sábado, 15 de noviembre de 2014

Philae

Este xoves coñecemos unha noticia relacionada co tema do noso proxecto: 
"Europa hace historia al conquistar un cometa. La misión Rosetta posa un robot sobre su superficie y ahora trata de subsanar un fallo y anclarlo al suelo helado" 
Titular do periódico "El mundo"
Quedamos tod@s impresionad@s con esta fantástica noticia e pasamos boa parte da mañán en internet buscando información e imprimíndoa. Xa a temos no noso recuncho.
 Neste enlace podedes seguir a noticia


 Atopamos unha noticia onde se explicaba como fora a aterraxe de Philae na superficie do cometa. A nosa tarefa consistiu en pensar un titular para esa noticia e escribilo; tamén fixemos un debuxo onde intentamos mostrar como Philae envía toda a información que recolle á nave Rosetta e esta á súa vez reenvíaa ao planeta Terra.
O venres a profe Ana trouxo o periódico e despois de merendar Alejandro e Irene estivérono a mirar


 Seguiremos con interés as aventuras de Philae

1 comentario:

  1. ¡Que maravilla os traballos sobre Rosetta e Philae! E como avanzan estes sementeiros, encántame ver os seus debuxos e o ben que escriben. ¡Parabéns chicos e profe!

    ResponderEliminar