Este ano o proxecto que levaremos a cabo no cole xira en torno ao continente africano. Temos un recuncho na aula que, pouco a pouco estamos enchendo coas vosas aportacións.
AMAYA trouxo area e unhas láminas do Deserto do Sáhara
E aproveitamos para coñecer a tribu nómada dos Tuareg, que habita as areas do Sáhara.
DANIELA trouxo undjembe
ALEX fixo coa axuda da súa mamá outro djembe
E coñecemos o caxixi, outro instrumento africano de palla trenzada, con tapa de cabaza e semillas no interior, que emite un son moi agradable. a profe Teté regalounos un para o noso recuncho.
Paula trouxo un elefante. Tamén postais e fotos dos seus papás en Túnez, e dinares, a moeda oficial.
Pedro trouxo animais da sabana
Os libros de PEDRO MEIJUEIRO e de ANXO gustáronnos moito
O tema dos animais gusta moito na Sementeira.
Este curto fainos moita graza
A serie de debuxos "Animapaka" axúdanos a coñecer moitas cousas dos animais da sabana
Adiviñades quen se esconde detrás da máscara?
CAROLINA !!
CARMEN chegou moi contenta cos seus animais
Así está quedando o noso recuncho. Animádevos a seguir mandando cousas !
Estamos entusiasmad@s co noso novo tema de investigación.
Cada día aprendemos unha cousa nova.
Para rematar, deixamos aquí o enlace a unha canción que nos encanta
No hay comentarios:
Publicar un comentario