lunes, 9 de noviembre de 2015

Siria



Fai un par de semanas realizamos a nosa primeira visita á biblioteca do cole. A profe contounos que, entre tantos libros, vive Siria, a mascota que se encarga de coidalos, e á que non lle gusta nada o ruído. Por iso, cada vez que a visitamos procuramos non molestar á nosa nova amiga (que por certo, debe de ser moi tímida porque nunca conseguimos vela).
Estas son as fotos do noso primeiro día na biblioteca
Ao principio custounos un pouco entender correctamente o nome de Siria; uns chamabámola "silla", outros "Silvia",... pero agora xa a coñecemos perfectamente.
Aquí está
 
Visitamos xa varias veces a biblioteca e puidemos gozar dalgúns dos libros que Siria ten nos seus andeis.As seguintes fotos son da semana pasada (hoxe, despois do recreo estivemos de novo alí pero esquecémos de sacar fotos)

No hay comentarios:

Publicar un comentario