domingo, 6 de diciembre de 2015

Os Meses do Ano

Esta semana estivemos traballando na aula cos meses do ano.
Aproveitando que cambiamos a folla do noso calendario para o mes de Decembro e apuntamos as datas importantes a ter en conta, quixemos coñecer tamén o nome do resto de meses do ano; Realmente a nosa curiosidade baseábase principalmente en averiguar cando estamos de aniversario (un acontecemento moi, pero que moi importante para tod@s nós).
O primeiro que fixemos foi contar cantos meses ten un ano e escribir o número 12 no encerado. Despois estivemos averiguando o mes do noso aniversario (temos un mural na aula que nos recorda ese día) e fixemos unha foto de grupo cos compañeiros-as cos que compartimos mes de nacemento.
Estivemos mirando quen celebrará primeiro os seus catro anos, quen aínda ten que cumplir tres, os meses nos que non naceu ninguén,... un montón de datos e novo vocabulario que pouco a pouco irá quedando nas nosas cabeciñas.
Colocamos na porta da aula un panel co nome de todos os meses e pegamos a nosa foto no mes que nos corresponde.
O seguinte que faremos no noso estudo dos meses, será coñecer algunha festividade típica. A de Decembro xa a coñecemos tod@s de sobra... O NADAL!!
Cando teñamos o noso panel rematado ensinarémosvos o resultado final.
Por certo... aínda non tedes o calendario colgado na cociña? na aula cada día, como unha rutina máis, tachamos no noso o día que corresponde. Encántanos facelo e, aos poucos ímonos familiarizando co concepto de tempo, Cando participamos en actividades marcadas no calendario e localizamos meses, días ou
datas significativas, aprendemos a familiarizarnos co concepto de tempo.
Ademais é unha forma de aproximarnos ao uso social  e valor dos números e identificar portadores de texto.

8 comentarios:

  1. Da gusto ver o blog e observas as novas da semana,e que gracias a profesora podemonos implicar un pouquino mais,como o do calendario nin se nos ocurrira e gracias o blog empezamos a levalo a cabo,un saudo,estan todos guapisimoss

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. unha rutina máis no día a día e aprenden un montón de cousas importantes soamente con tachar un número. Grazas mami!

      Eliminar
  2. Amaya lleva unos dias pidiendonos un calendario y ahora ya entendemos porque.Asique de hoy no pasa sin colgar uno en la cocina.Es ingreible ver cuantas cosas estan aprendiendo y en poco tiempo.Estan pa comerselos todoooossss!!!!

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Seguro que le hace mucha ilusión colgarlo en la cocina. Todos los días les pregunto si ya tienen su calendario. Ella está entusiasmada con todas las rutinas del panel

      Eliminar
  3. Como no lo vamos a tener Profe!!! O lo tenemos, o escuchamos cada dia la misma cancion. Colgadito lo tenemos en la nevera y como dice sasha "chatamos cada dia".

    ResponderEliminar
  4. Ahh no lo había pensado!! Mañana mismo buscaremos un calendario para colgar. Seguro que Paula estará encantada!!

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Segurísimo. Están entusiasmados co calendario da clase!!

      Eliminar