Hoxe pasamos un día moi divertido na aula. Pintamos con acuarelas e escribimos as letras que compoñen a palabra "dragón"
E xogamos a compoñer o nome dos nosos compañeiros e compañeiras utilizando tapóns que teñen pintadas letras. Temos que enroscar cada tapón na súa orde correspondente para poder formar o nome que eleximos e despois, contar o número de letras que empregamos. Traballamos moitas cousas con este xogo: a recoñecer as letras do nome dos nosos compañeiros/as, a establecer semellanzas e diferenzas por exemplo co noso propio nome, a seguir unha orde determinada para formar ben a palabra que queremos escribir, a discriminar letras, sons e números, a traballar a nosa motricidade fina mentres enroscamos e desenroscamos tapóns, a concentrarnos un tempo na realización da actividade,...
Tamén tivemos tempo de experimentar e debuxar con lápices de cores; o Kilimanjaro, unha máscara e dous retratos da profe Ana foron os debuxos máis destacados e aquí están as fotos d@s artistas
No hay comentarios:
Publicar un comentario