lunes, 10 de octubre de 2016

Maruja Mallo

Xa sabedes que na aula estamos coñecendo un pouquiño polo miudo algúns artistas da nosa terra. Un dos equipo que temos chámase "Maruja Mallo" en honor a esta grande artista.
 
 Ana María Gómez González, nome real de Maruja Mallo, naceu en Viveiro. Tras pasar a súa infancia entre Galicia e Asturias, en 1922 trasladouse definitivamente coa súa familia a Madrid. Estudou Bellas Artes na Academia de San Fernando, ao igual que o seu irmán Cristino, coincidindo nesta escola con Dalí, con quen tivo moi boa relación. Ao mesmo tempo asistiu ás clases de debuxo de Julio Moisés. Na Residencia de Estudiantes tomou contacto co surrealismo e a Xeración do 27, entre eles Buñuel, García Lorca, Alberti, Dalí e Pepe Bello.
Estamos coñecendo a súa obra e moitos dos seus cadros xa nos resultan familiares.
Máscaras 
   
  
 
Tanto nos gusta a obra de Maruja Mallo que estamos creando as nosas propias versións dalgún dos seus cadros.
Entre tod@s estamos pintando con pinceis e témpera unha copia do seu autorretrato.
 Cando o teñamos rematado presumiremos do noso cadro no blog
E mentres uns pintan, outros esperan a súa quenda e entretéñense coa plastilina.
Equipo de "Leandro Lamas"
Equipo de "Maruja Mallo"
 A profe propuxo modelar a Torre de Hércules e tivemos tres sementeir@s que se atreveron mirade,...
Hoxe tamén estivemos xogando coa plasti (supoñemos que en casa vos dariades conta porque adoitamos levar moita proba do delito pegada nas solas dos zapatos). Lucas propuxo facer a Torre Eiffel e tamén houbo quen se animou.
 Se miramos con ollos de adulto seguramente resulte difícil ver algunha das torres pero o importante da actividade é que nos animemos a probar cousas novas sen medo ao fracaso ou ao que opinen os demais e, sobre todo, que os adultos valoredes o noso esforzo.
 Personas 1102
A semana pasada fixemos  unha representación individual doutro dos cadros de Maruja Mallo que máis nos gustan: "acio de uvas"

3 comentarios:

  1. Sementeir@s os está quedando precioso el autorretrato de Maruja Mallo. Seguir así!!!
    Y Felicidades a los que se animaron a hacer la Torre Eiffel y la Torre de Hércules. Están estupendas!!
    Ana R.

    ResponderEliminar
  2. Muy bien por nuestros pequeños grandes artistas!!!!Cada dia mejor!!!!

    ResponderEliminar
  3. ¡Como me está gustando ese autorretrato de Maruja Mallo! Teño ganas de velo xa rematado!!!! Parabéns chicos/as!

    ResponderEliminar