sábado, 18 de marzo de 2017

Plantando Bulbos

A semana pasada a profe María e os nenos e nenas da clase do "Paseo do Espolón" regaláronnos tres bulbos. Este xoves aproveitando que estaba un día estupendo, saímos ao patio traseiro a plantalos.
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
  
Unha vez plantados os bulbos, deixamos as macetas no patio dianteiro ao lado das plantacións que fixeron as outras aulas de infantil. Agora toca regar e esperar a que medren.
 
Os bulbos plantados pola aula do "Paseo do Espolón" xa teñen uns narcisos preciosos cun aroma delicioso
 Na aula estamos facendo a conta atrás para a primavera. O venres a nosa encargada apuntou que soamente faltaban tres días.
 
 
E Carolina, que foi a primeira que se acordou de que había que regar os bulbos, fixo a tarefa na hora do recreo.

1 comentario:

  1. Ahora entendemos porque una personita esta semana no paraba con la regadera en el jardin.....

    ResponderEliminar