A hora de xogar é tan importante como a hora de traballar, e ademais de divertido resulta necesario para o noso desenvolvemento integral. O xogo é importante para a nosa aprendizaxe debido a que aprendemos a coñecer a vida xogando.
Como di E. Goldschmied, se observamos detidamente a un neno cando xoga, sorprenderanos a concentración profunda que ten e o pracer inmediato que lle proporciona, a mesma concentración que nós consideramos necesaria para levar a cabo un bo traballo.
E é que no mundo do neno, xogo e traballo están moi relacionados, non se pode separar unha cousa doutra, cando un neno xoga, traballa ao mesmo tempo.
Da gusto verlos jugar y aprender a la vez, la verdad es que no se ve una cara de aburrimiento.
ResponderEliminar