domingo, 21 de enero de 2018

Visita a 2ºB

Lembrades que antes de marchar de vacacións recibimos unha invitación para visitar o museo de 2ºB? pois o martes 9 de xaneiro subimos ao piso de primaria para disfrutar do mueso interactivo dos nosos compañeiros e compañeiras.
Nora, Manuela, Sara, Ana, Mariña e Noa foron as nosas guías polo museo. Explicáronnos un montón de cousas relacionadas co corpo humano 
Mariña e Noa faláronnos do sistema respiratorio. Explicaron como se enchen os pulmóns de aire cun dispositivo moi curioso; faláronnos da pirámide alimenticia e de como facemos a dixestión; ensináronnos o intestino groso e delgado e contáronnos cousas sobre os músculos que temos no corpo.
Nora contounos cousas do tacto e animounos a buscar dous obxectos iguais empregando soamente as nosas mans; falounos tamén do sentido do gusto e xogamos a imaxinar sabores.
Lara e Manuela faláronnos de ilusións ópticas cando explicaron o sentido da vista; xogamos cun mémori de sons para traballar o sentido do oído e ata falamos por un teléfono moi divertido; tamén nos contaron que podemos empregar a mímica para dicir cousas sen falar.
 Ana e Sara faláronnos dos osos e das articulación. Tamén nos contaron para que serve unha radiografía.
Moitas grazas aos nenos e nenas de 2ºB e a súa profe Sandra pola invitación e noraboa por todo o traballo realizado. foi un pracer visitar este museo.

1 comentario:

  1. Caray que atentos están y cuánto han aprendido estos Sementeir@s en ese museo tan original e imaginativo. Gracias a esos pequeños profesores de Segundo

    ResponderEliminar