domingo, 21 de julio de 2019

Mix de Actividades

Ao longo do último mes de curso fixemos un montón de actividades. Aquí vai un pequeno resumo de todo o noso traballo na Sementeira durante o mes de Xuño.
Coa chegada do bo tempo plantamos sementes e bulbos de plantas que adornaron as nosas fiestras.


Cada día o encargado ou encargada saía a regar as nosas macetas.
Seguimos practicando ioga e mandalas co noso corpo
 Izan trouxo para clase un mapa mundi, que colocamos ao lado do que xa está no encerado.
Participamos na decoración do festival de fin de curso elaborando uns apetecibles xeados.




Así quedaron os nosos xeados.
Preparamos as bolsas para levar os traballos do último trimestre. Escollemos unha cor e,... a pintar con espátula!

 Decoramos e coloreamos unha maceta para adornar a nosa bolsa.
Participamos no programa de merendas saudables da Consellería de Educación; durante unha semana todos os días na hora da merenda había froita para quen se animara a probala. O melón e a sandía foron as froitas que máis éxito tiveron.
O último mércores de cole repartimos o premio da froita deste trimestre. Un diploma para tod@s @s que cubriron o seu rexistro dos mércores saudables.
En setembro seguiremos cubrindo casillas para que tod@s poidamos levar o noso diploma.
Recibimos a visita da "borrasca Miguel", da que buscamos información en internet e fixemos varios traballos impresos, un de recollida de datos e un debuxo libre que pintamos con acuarelas (empregando auga da borrasca😁).
Recollemos auga dun charco, pero estaba sucia e non nos valía para usar cos pinceis.
Decidimos deixar dúas xerras no patio para que se encheran durante a tarde.
Dende principios de mes ensaiamos a nosa actuación para o día do festival. Puxemos toda a nosa ilusión nos ensaios para que ese día todo saíse moi ben.

Celebramos dous cumples por todo o alto.
 ALBA e BAHIANA cumpliron cinco anos e festexámolo como se merece.
FELICIDADES ALBA
FELICIDADES BAHIANA
Fixemos as portadas do noso libro de fichas.
Así foi como quedaron. Gústavos?

Sacamos unha foto moi divertida para o libro do Proxecto Trisquel.

Xogamos coas sombras no patio.
Aprendemos a facer espirais. Fixemos un percorrido co noso propio corpo, debuxámolas no patio sen límites de espazo e finalmente realizamos unha tarefa impresa.


Rematamos o noso Proxecto Trisquel elaborando um bosque cheo de duendes.
Fixemos experimentos coas cores.
E o xoves día 20 disfrutamos do FESTIVAL DE FIN DE CURSO. Foi un día repleto de emocións.
Antes de que dera comezo disfrutamos dun novo exemplar do noso periódico "Novas de Infantil".
Como estabamos tan guapos e guapas coas nosas camisetas, decidimos sacar unhas fotos de recordo.
Actuamos en primeiro lugar no Festival e tivemos que repetir a nosa actuación porque houbo un pequeno problema coa megafonía.
Disfrutamos moito de todas as actuacións.


A merenda foi, unha vez máis, moi aplaudida por todos os comensais.
E vaia se fixo falta repoñer forzas, porque nos esperaba Eneida para darnos unha super clase de Zumba.

Marchamos para casa felices coas nosas bolsas de traballos e dispostísimos e dispostísimas a disfrutar dunhas merecidas vacacións.

VÉMONOS EN SETEMBRO!

1 comentario:

  1. Olaya mamá Cristina27 de julio de 2019, 15:53

    Merecidisimas vacacions!!! Gracias x un ano cheo de tan boas actividades e tanto aprendizaxe. Boas vacacions a tod@s!!!

    ResponderEliminar