sábado, 26 de octubre de 2019

Seguimos co Proxecto

Segue chegando material para o noso recuncho.
 O libro de Cris fala da importancia de non contaminar o aire que respiramos. Vimos en internet os problemas de polución que sofren as grandes cidades, e que existen lugares nos que incluso as persoas deben respirar a través de mascarillas.
 Aroa atopou musgo no tronco dunha árbore.
 Lois visitou o Xardín Botánico e trouxo unha extensa e orixinal reportaxe fotográfica.
 Cris contounos que ten un castiñeiro na casa, e trouxo a proba.
Paula trouxo contos e libros con información.
Nun dos libros que temos na aula aparece unha árbore moi curiosa e Aroa díxonos que o seu avó a ten na casa. Pedinlle que trouxera unha ramiña e non esqueceu o recado. Sabedes como se chama? preguntade aos Sementeiros e Sementeiras, que teñen a resposta.
Lorena trouxo unha bolsa con diversas follas.
 Alba atopou landras no patio durante a hora do recreo e un conto que ten de protagonistas aos animais do bosque.
Cando visitamos a biblioteca do cole sempre atopamos algún libro interesante que ler. Esta historia transcorría nun bosque.
Temos decoración nova na porta. 
Traballando en equipo conseguimos facer murais tan bonitos coma o que agora está na nosa porta. Está pintando con ceras brandas e témpera.
 Traballamos no recoñecemento de diferentes árbores, as súas follas e os seus froitos. Xogamos con material impreso que nos axuda a interiorizar todos estos conceptos e o novo vocabulario.
 En asamblea a profe platexounos esta cuestión:
Pensades que as follas teñen medo coa chegada do outono porque empezan a caer? como se senten cando caen?
Estas foron as respostas:
Despois falamos das árbores, de como se senten elas; e chegamos a unha conclusión que está recollida na cartolina.
Despois lemos este texto, reflexionamos sobre él, e aprendemos da importancia das follas na vida das árbores.

2 comentarios:

  1. Un acerto este proxecto, creo que estan tod@s encantad@s e moi motivad@s a hora de buscar cousas e aprender!!!

    ResponderEliminar
  2. A flor cepillo🤣tamén tivemos que buscala para levar ó cole.
    Que árbore máis chula😍canto estan aprendendo!!!

    ResponderEliminar