lunes, 16 de marzo de 2020

Mulleres

O pasado 8 de marzo conmemorouse o día da Muller Traballadora
 Estamos levando a cabo unha secuencia didáctica adicada a coñecer algunhas das mulleres que cambiaron o mundo. Xa coñecemos a Cocó Chanel e a Jane Goodall.
Participamos nunha exposición sobre grandes mulleres galegas. A nosa elexida foi a pintora Maruja Mallo; coñecemos algúns datos curiosos da súa biografía e tamén algunhas das súas obras máis coñecidas. Con todo o aprendido fixemos a nosa aportación para o mural que decora o corredor do cole.
Aquí está o noso mural, feito en equipo.



Elaboramos a nosa propia exposición de adexctivos que definen ás mulleres traballadoras. O primeiro que fixemos en asamblea foi redactar entre tod@s unha lista de adxectivos que, según nós, definen a todas as mulleres que coñecemos e máis preto temos. Despois, eleximos unha silueta e os adxectivos que máis nos gustaron da lista.
Aquí vos deixo algunhas cousas para facer na casa se vos animades 😉
(non son obrigatorias)



3 comentarios:

  1. Gran traballo pequerrech@s, agora toca QUEDAR NA CASA, pero seguro que seguimos facendo un montón de cousas!!!!

    ResponderEliminar
  2. Ohh que chulada de bonecas!!! Algunga actividade faremos, que pena non ter onde imprimilo quebracabezas!!! Animo a tod@s peques💪

    ResponderEliminar
  3. Agora tocanos quedar na casiña e botar en falta ós compis, ós profes e tod@ o traballo que facedes, pero seguro que nos vemos moi pronto🤞e coas pilas cargadas!!! Ata a volta.
    Por certo que mamis traballadoras máis molonas😉🤣

    ResponderEliminar