domingo, 11 de octubre de 2020

Mesa Sensorial

 Na Sementeira contamos cun novo espazo onde cada semana se propoñerán diferentes experiencias de xogo e aprendizaxe traballando as sensacións, a percepción e o sensorial. Está pensado como un lugar que desperte a curiosidade dos nenos e nenas xa que calquera cousa que se poña no seu interior pode resultar atractiva. As mesas sensoriais permiten aos nenos e nenas potenciar os seus sentidos, desenvolver a súa motricidade, concentración e imaxinación.

Estrenamos a nosa mesa sensorial cun xogo onde había que buscar as iniciais dos nosos compañeiros-as de equipo. Ao longo de toda a semana foron pasando as brigadas por este novo espazo, e hai que dicir que resultou todo un éxito !








 

 

























 
Outra das actividades na que andivemos entretidos estivo relacionada co outono. Aprendemos a distinguir varios froitos e clasificámolos gardándoos nos seus botes correspondentes coa axuda das pinzas. Interiorizamos o novo vocabulario aprendido (avelá, castaña, noz), coñecemos novas letras (A, C, N) e traballamos a motricidade fina.




































Seguen chegando ao correo electrónico fotografías dos Sementeiros e Sementeiras probando a granada. Moitas grazas ! para a semana imprimirei algunha máis que xa chegou 😉





Xa vos contei que estamos empezando a coñecer algunhas letras do abecedario. A letra "A" está moi presente na aula porque temos catro compañeiras que teñen esta inicial así que nos animamos a escribila no encerado por primeira vez. Foi unha actividade voluntaria e non todos-as quixeron participar pero a media que o convirtamos en rutina de seguro que haberá máis voluntarios-as.







Seguimos xogando coas iniciais no encerado
 
 





Temos un xogo novo ao que nos podemos achegar en calquera momento do día para ir interiorizando os nomes dos nosos compañeiros e compañeiras.













Ao longo da semana facemos diferentes actividades relacionadas coas letras: contamos adiviñas e cantamos cancións onde as letras son as protagonistas, xogamos con elas,...
















3 comentarios:

  1. Oleee , como van traballando , gracias profe Ana , x ensinarnos cómo van traballando e o que van facendo.

    ResponderEliminar
  2. Raquel - Mamá de Paula11 de octubre de 2020, 23:36

    ������gran trabajo,Ana!!

    ResponderEliminar
  3. Pero que traballadores son os nosos nen@s gracias profe Ana por compartir con nos como aprenden e disfrutan no cole os nosos nen@s son uns campe@ns gracias a ti profe Ana

    ResponderEliminar