sábado, 16 de enero de 2021

Novas de Infantil

 O venres levamos para casa o exemplar de "Novas de Infantil", un periódico trimestral que elaboramos con todo cariño no ciclo de Educación Infantil para que as familias teñades un bonito recordo dos primeiros anos de cole dos vosos pequenos.

Encantoulles buscarse nas páxinas e pasamos un rato moi entretido vendo todas as fotografías do noso periódico. Levárono na mochila para casa.





















Tivemos de encargado a Adán, facendo as rutinas de pasar lista, entregar iniciais, riscar o día no calendario e compoñendo a data o tempo e a estación.









Informarvos tamén de que durante un tempo se repartirá leite na hora da merenda xa que o centro está adherido a un programa escolar de consumo de froitas e leite. O primeiro día a iniciativa tivo bastante éxito na Sementeira pois varios compañeiros e compañeiras se animaron a tomala.





O pasado luns empezamos unha nova actividade na aula: practicar IOGA.

Lemos o conto

Estivemos na aula de psicomotricidade practicando as asanas (posturas) que saen no conto. Encantounos !




































A medida que vaiamos incorporando esta nova rutina practicaremos as diferentes "asanas" empregando esterillas polo que deberemos descalzarnos. A idea é que os luns traian roupa cómoda e a ser posible veñan con tenis de velcro para que o momento de calzar e descalzar se realice con rapidez. A principio de curso conteivos que os mércores era o día da froita; resultoume imposible facer coincidir o día de ioga os mércores polo que vou a cambiar o día de consumo de froita para os luns. Integraremos esta nova rutina tamén na aula e faremos algunha actividade que lles resulte significativa. Así pois o día saudable na Sementeira pasas a ser os LUNS coa práctica de ioga e o consumo voluntario de froita.

3 comentarios:

  1. Cómo me gusta ver a estes campeóns facendo ioga!!!! Qué marabilla, dá gusto velos! Xenial!!!!

    ResponderEliminar
  2. Raquel - Mamá de Paula19 de enero de 2021, 13:34

    Encantoume o periódico! Gran idea e bonito recordo!!!
    Da gusto ver os pequech@s facer ioga!!!
    ������

    ResponderEliminar
  3. Que ben o fan estés sementeir@s!!!
    As diferentes "asanas" saenlles xenial. 👏👏👏

    ResponderEliminar