Coa chegada da primavera fixemos estrea do patio de area e foi todo un acontecemento. Están tod@s de acordo en que o areeiro é o mellor patio de todos.
Atopar bichiños ocupa boa parte da nosa hora do recreo.
Outra das novidades das que disfrutamos son os picnics.
Para celebrar a chegada da nova estación na aula, fixemos un experimento e xa temos o noso popio arco da vella
Ao longo desta última semana antes das vacacións de Semana Santa, estivemos preparando as bolsas para levar os traballos e a portada do noso libro de fichas
Aproveitando que o bo tempo nos permite realizar moitas máis actividades no exterior, fixemos un mural colectivo onde debuxamos flores, bolboretas, arcos da vella,...
E para rematar o trimestre recibimos a visita do Coelliño de Pascua. Estivemos toda a semana moi pendientes por se o viamos baixar do monte, pero debe de ser experto en camuflaxe. Menuda sorpresa levamos cando saímos ao patio e atopamos un montón de ovos de chocolate
🐰🐰Moitas grazas coelliño🐰🐰
E isto é todo dende o cole. Que pasedes unha boa Pascua. Vémonos á volta
Cantas aventuras viven os nosos sementeiros no cole!!!!
ResponderEliminarToda a semana falando do Coello. Cantas cousas fan, non me extraña que lles encante ir o cole. Moitas grazas profe Ana por deixarnos velo.
ResponderEliminarEncántame como disfrutan e traballan estos nen@s!!!
ResponderEliminarBravo, profe!!!!