Hoxe estivemos traballando a serie numérica dende o número un ata o dez, contando coa axuda dos xirasois de Van Gogh. A actividade está pensada para entender a relación entre número e cantidade, relacionando conteo con cardinalidade. Iniciámonos no proceso de conteo pois é unha ferramenta imprescindible para iemprender a aprendizaxe das operacións básicas, a relación entre número e cantidade e, posterior a iso, as operación de adición e sustración.
Moitos compañeiros e compañeiras foron capaces de completar a tarefa; parabéns !
O xogo grupal de onte consistiu en levantar unha torre de sillas. Cantas risas botamos !
A verdade e que están emocionados con Van Gogh
ResponderEliminar