A aula "A Sementeira" participa no Proxecto Ríos
En
2005 nace o Proxecto Ríos en Galicia, coordinado por ADEGA, cos
propósitos de divulgar a situación ambiental dos nosos cursos fluviais,
contribuír a incrementar a concienciación ambiental a través da
participación cidadá e aportar solucións aos problemas asociados á auga e
aos ríos, así como de convertese nun referente nos programas de
educación e voluntariado ambiental.
Na actualidade este proxecto está promovido pola Consellería de Medio
Ambiente, Territorio e Infraestruturas a través dos organismos Augas de
Galicia e Instituto de Estudos do Territorio.
Na páxina web do centro temos un apartado adicado a todos os traballos levados a cabo polo alumnado relacionados co Proxecto Ríos.
Nós fixemos un traballo en equipo, ilustrando e escribindo un poema de Federico García Lorca adaptado ao galego titulado "Auga, onde vas?"
ESte foi o resultado final, un libro feito por tod@s do que nos sentimos ben orgullos@s.
E aquí tendes as fotos do proceso de elaboración do noso poema.
Pero que traballadores están e como se nota a melloría na escritura
ResponderEliminarQuedou precioso!!!!
ResponderEliminar