Empezamos a semana con xogos novos na Sementeira
O primeiro leva por nome "Marmelada de Síalbas" e con este xogo traballamos o conteo e a conciencia silábica. A relación entre conciencia fonológica e lectoescritura é bidireccional posto que a conciencia fonológica favorece a adquisición da lectoescritura e o seu ensino desenvolve dita conciencia. Palmeamos cada palabra para averiguar cantas sílabas ten e colocamos cada debuxo no seu bote
Hoxe coñecemos as vogais minúsculas, facendo un pequeno xogo de
recoñecemento visual e interiorización. Non traballaremos a
súa grafía, soamente as estamos presentando
Aproveito para contarvos que a caixa de xogos dos Beatles que temos nun dos recunchos de aula é todo un éxito, sobre todo nalgúns dos equipos 😉
Hoxe tamén pintamos con acuarelas unha das fotografías mais famosas do noso grupo musical favorito
Canto xogo dan estos Beatles 🎸🎸🎸
ResponderEliminarO dos Beatles está dando moito de sí
ResponderEliminarVolveronse uns fans totais
Noraboa sementeiros por todo o que traballades. Da gusto ver os vosos avances conseguidos mundo das letras e dos números.
ResponderEliminar