miércoles, 15 de junio de 2022

Un Día Musical

 Hoxe foi un día moi especial para os nenos e nenas de Educación Infantil do Rosalía, pois disfrutamos dun concerto en vivo e en directo da man de Bea e Alfredo, que nos fixeron vibrar ao son das súas cancións. Fixeron un percorrido por gran parte dos músicos e grupos que traballamos ao longo de todo o ano co noso proxecto Musiqueando; puidemos escoitar cancións de  Elvis,  John Lennon, Michael Jackson, Tina Turner, Queen, ... houbo espazo para homenaxear a Rosalía de Castro, para bailar co xogo da Carrasquiña e para disfrutar das personaxes dos contos con Mariluz Avestruz. 

Agasallámolos cun libro feito con moito cariño























Moitísimas GRAZAS a Bea (mamá de Amelia) e a Alfredo que, de xeito desinteresado aceptaron participar neste fin de proxecto musical. Os nenos, nenas e profes estamos moi agradecid@s

QUE VIVA A MÚSICA !!


4 comentarios:

  1. Olaya mamá Violeta15 de junio de 2022, 22:02

    Moitas grazas chicos, Violeta veu encantada👏👏👏

    ResponderEliminar
  2. Foi un día precioso! A pesar dos nervios disfrutamolo un montón.
    Grazas pola invitación
    E polo agasallo 💜🎶💜

    ResponderEliminar
  3. Menudo concerto!!!! 😍😍
    Que ben o pasaron!!!👏👏
    Moitísimas grazas a Bea e a Alfredo!!!🎶🎶🎶👏👏

    ResponderEliminar
  4. Vane mamá de Carla18 de junio de 2022, 9:33

    Que pasada de concerto!!! Carla veu emocionada contando todo, gracias por colaborar Bea e Alfredo e as profes de infantil por organizar este tipo de propostas👏👏👏👏

    ResponderEliminar