viernes, 25 de noviembre de 2022

25N

 Hoxe, 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres, faise necesario seguir insistindo acerca da importancia de visibilizar e reflexionar sobre as accións para erradicar todas as formas de violencia contra as mulleres. 

 

Na Sementeira pretendemos contribuír a configurar un currículo non sexista, onde se supere a histórica invisibilidade das mulleres e onde se ensine e se aprenda a construír a igualdade entre mulleres e homes. Para iso ao longo de toda a semana traballamos nunha secuencia didáctica que levou por título "Contos pola igualdade"

 

A través dos libros traballamos diferentes aspectos como a confianza, a liberdade e a seguridade para expresar ideas, opinións e pedir axuda; a Igualdade de oportunidades para nenas e nenos en xogos, traballos e oficios, evitando estereotipos de xénero; a idea de que todos e todas temos dereito de elixir a que xogar, con que xoguetes, e con quen gozar deses momentos, máis aló do sexo ou do xénero; os sentimentos que lles xera o non respecto pola intimidade e a privacidade; a importancia de resolver conflitos a través do diálogo e sen violencia,...

 "Rosa caramelo" foi o primeiro conto traballado


Baixo este conto subxacen cuestións fundamentais como a superficialidade do culto á imaxe e a crítica a unha sociedade que predestina o futuro dos seus individuos e cualifícaos en función do seu sexo. Consegue representar perfectamente o contraste entre dous mundos contrapostos: o feminino e o masculino, o rosa e o gris, un feito de lazos e prohibicións, e o outro de diversión e liberdade.

 

Seguimos con "El niño que no quería ser azul y la niña que no quería ser rosa"


Un conto que é un berro á liberdade de nenos e nenas e que nos convida a non deixar que os patróns de xénero imperantes na sociedade actual aplaquen a súa personalidade e a súa creatividade. Celestino e Rosa son capaces de liberarse e atopar moitas cores que representan a diversidade e a alegría, no mundo monocromático que as súas familias estableceran para eles.


 "Maruxa" é un dos contos favoritos da biblioteca de aula.
Maruxa decide dar unha lección ao seu marido. Astuta, e cunha gran habilidade no manexo da retranca, logrará que Pepiño tome consciencia de que o traballo da casa está mal repartido e consegue que cambie de actitude. Este conto pretenden deixar un pouso para a reflexión dos pequenos lectores: saber poñernos na pel do outro axúdanos a ver as cousas desde outra perspectiva, empatizar cos demais e, consecuentemente, ser máis xustos e máis solidarios.
 

 
Despois de contar o conto fixemos as nosas Maruxas, felices de ser mulleres libres
 











 

 
"Artur e Clementina" é unha historia de dúas tartarugas que reivindica e combate os estereotipos feministas e denuncia a discriminación

Axuda inestimable para a educación en igualdade. Un libro que achega aos nenos e nenas ao mundo dos malos tratos psicolóxicos na parella. Dunha forma sinxela, esta parella de tartarugas, mostra a anulación persoal por medio do "é polo teu ben" que fai que o que en principio parecía protección acabe sendo algo asfixiante que impide o crecemento como persoa.
 
 "Cuando las niñas vuelan alto" foi o conto seleccionado para hoxe, venres
 

É un libro para traballar o empoderamento feminino. Unha historia dunhas nenas loitadoras, cheas de esperanza por todas nós. Trátase dunha historia de ánimo para que todas as nenas sexan o que queiran ser na vida sen importar prexuízos, aparencias ou críticas sociais.













 
Na visita semanal á biblioteca debuxamos as nosas mans violetas para decorar a nosa exposición de contos








Ao rematar disfrutamos dos contos








Elaboramos carteis cos títulos dos contos para colocar no corredor







Así quedou o noso traballo
















Onte xoves visitounos Vanessa, do CIM Terras de Iria, para facer connosco unha actividade que levou por título "A porta violeta"







 







Este debuxo de Amelia resume todo o traballado esta semana na Sementeira


3 comentarios:

  1. Que marabilla!!! Menuda maneira de traballar e concienciar!!! Moitas gracias Ana!!!!!💜💜

    ResponderEliminar
  2. Ana que boa forma de traballar na aula, xerando conciencia, nos quedamos con títulos novos que non coñecia. Gracias por ensinarnos e deixarnos formar parte

    ResponderEliminar