domingo, 12 de febrero de 2023

Pintamos con Tesoiras

O noso proxecto Egeria levounos esta semana a coñecer a duas figuras moi importantes. Por un lado, Leonardo da Vinci pois a súa famosa Gioconda podemos visitala no Museo do Louvre en París, lugar polo que fixemos unha pequena visita virtual a través de internet. Descubrimos que ademais de pintor foi inventor e coñecemos algúns dos seus inventos máis orixinais. Despois fixemos unha tarefa impresa para recoller por escrito parte do aprendido.










Aproveitamos un conto que temos na biblioteca de aula para coñecer a Henri Matisse, un pintor francés coñecido polo seu uso da cor e polo seu emprego orixinal e fluído do debuxo.

 Achegámonos a algunhas das súas obras máis representativas e conversamos sobre elas

Matisse pasou os últimos anos da súa vida producindo desde unha cadeira de rodas debido a unha enfermidade. Traballou dun modo que chamaba "pintura con tesoiras", colaxes feitos con recortes de follas de papel.

 

 Decidimos pintar tamén con tesoiras, e aquí está o resultado do noso colaxe en gran grupo















Xa se achega o Entroido e con esta festa tamén aparece polo cole a figura do MECO


Esta semana estaremos moi entretid@s coas súas mandas





 

 

 

 

2 comentarios:

  1. Pero que chulo quedou ese collage!!!
    Da gusto ver todo o qué aprenden

    ResponderEliminar
  2. Que ben pintan con tesouras 🤣🤣🤣. Que ben o pasan!!!
    Xa chegou o entroido🥸🎉🎠🥳🤡🤠👽🤖👻😈👹🧙🧛🥷

    ResponderEliminar