domingo, 12 de marzo de 2023

Unha Semana Chea de Actividades

 Seguimos viaxando con Willy Fog pola India e aprendendo moitas cousas sobre ese fermoso país, por exemplo que os elefantes coa trompa para arriba simbolizan a boa sorte; aproveitamos para decorar o noso con grafismos













Temos propostas libres relacionadas coa India: un puzle de 150 pezas, un caderno para debuxar vocabulario, un xogo de lectoescritura silábica, xogos para sumar e agrupar,...

O noso estanque coa flor de loto, símbolo do país


























Xa sabedes que cada certo tempo cambiamos as propostas libres
 

 






 







 




















Aquí tendes un pequeno vídeo disfrutando dos novos xogos (e doutros que seguen gustando moito aínda que levan tempo na aula)



Xa temos aos primeiros compañeiros e compañeiras que remataron de completar o seu froitómetro. O premio é elaborar un marcapáxinas para a libreta viaxeira
 

















Na nosa sesión de ioga dos xoves esforzámonos practicando "Sarvangasana" (a postura da vela) e outras asanas que requiren moito equilibrio







































Pero sin dúbida o día máis importante foi o mércores 8 no que celebramos o Día Internacional da Muller. A temática dos contos esta semana xirou arredor das grandes mulleres que cos seus fitos foron cambiando a historia e derrubando barreiras. Estamos traballando na elaboración dun libro viaxeiro e mentras o rematamos, fixemos un pequeno mural homenaxeando á pintora ucraniana María Prymachenko, a quen estará adicado este ano o mural que pintaremos no patio.



























3 comentarios:

  1. Estos sementeiros non paran...qué maneira de traballar!!! E un gustazo velos traballar e o ambiente que hay na aula...unha maravilla🥰

    ResponderEliminar
  2. Cantas cousas!!! Que traballadoras/es @s nos@s sementeir@s 💜

    ResponderEliminar
  3. Ana un placer que estes pequen@s poidam aprender desta forma, vese traballo, respecto e moita complicidade!!! Un gusto ver o ambiente de aula e velos en acción! Gracias

    ResponderEliminar