Esta semana na Sementeira tivemos dobre celebración porque Carla e Adrián estiveron de aniversario e xa son do clube dos seis anos
PARABÉNS
O mércores foi o día de Carla
e o venres festexamos os seis anos de Adri
Thiago conseguiu o seu premio do Froitómetro
Co bo tempo, disfrutamos dos picnics e dos xogos no exterior
Coidamos dos xeranios e plantamos sementes dunha planta trepadora
Retomamos a nosa volta ao Mundo con Willy Fog e paramos en Xapón. Coñecemos a unha artista plástica chamada Yayoi Kusama; Fixemos o seu retrato
Imos aproveitar a nosa parada en Xapón para facer un mural para o corredor. Decoramos a bandeira do país nipón con ramas de cereixo en flor, pois sabemos da importancia que ten esta árbore para os xaponeses xa que o florecer das flores representa a primavera e un novo inicio despois dun longo inverno
Estade atent@s ao blog porque vos iremos informando de como queda
😉
Moitas felicidades para Carla e Adrián!!!!
ResponderEliminarDeseando ver como queda ese mural...
Como disfrutan! Estamos deseando tamén ver o mural 😍
ResponderEliminarParabéns para Carla e Adrián 🎉.
ResponderEliminarXapón!! 🇯🇵 Est@s sementeir@s están feit@s uns/unhas viaxeir@s. ✈️
Parabens Carla e Adri!!!
ResponderEliminar